Benvidos/as!!

Estou estudando Educación Primaria e querovos mostrar todo o que estamos aprendendo sobre cómo ensinar literatura en xeral mediante este bl...

viernes, 27 de diciembre de 2019

Entrada nº15 (semana do 16 de Decembro)


Último día
Nesta última sesión dedicámonos a levar a vista atrás e repasar de forma xeral todo o aprendido e o que podemos chegar a aprender e ensinar se temos paciencia e imaxinación. Descubrimos a gran oportunidade de traballar coa literatura en clase, referíndonos a libros, cine, música, expresións artísticas, teatro, lírica, todo tipo de narración,... non podemos elixir só os libros para ensinar literatura, é moito máis.
Esta tamén serve para moitas persoas como posibles obsequios para regalar. Se o intentamos ata podemos usala coa finalidade de crear un proxecto interdisciplinar, só necesitaríamos ter tempo e ganas para levalo a cabo e sen duda sería algo fantástico o de poder unir (case) todas as asignaturas, cun mesmo obxectivo: dotar ao alumnado cunha educación de boa calidade e sen censuras, para que nun futuro poidan ser excelentes cidadáns cun pensamento crítico e con capacidade para expresar sentimentos e opinións. Outro punto importante a ter en conta é que nunca debemos deixar de leerlles aos cativos/as tanto por parte dos pais coma dos/as docentes, xa que é algo que nos fan desde que nacemos e teñamos a idade que teñamos sempre se agradece a lectura oral dunha historia.
Gustoume moito asistir a estas clases grazas a que escollín a mención de curricular, xa que nela aprendemos moito a través dos libros e onde nos proporcionaron multitudes de características que debe ter un libro para despertar sensacións nos nenos e nenas. Xa o ano pasado quedaramos cunha moi boa sensación de cómo se levaran a cabo os contidos na clase e este ano non foi menos.
Por último, recordar que está nas nosas mans e que podemos facer infinidades de cousas coa literatura se o intentamos, como xa ven expliquei ao largo nestas semanas.

Entrada nº14 (semana do 9 de Decembro)


Esta semana encargámonos de colgar na parede da planta 0 e -2 da universidade as simulacións de libros de artista que elaboraramos o outro día na clase por grupos e que tamén fixeran os compañeiros/as de Educación Infantil. Decidimos crear unha especie de receta informativa cun pergamino nunha planta e cun libro na outra para que a xente se fixase en que podían tocalos e interactuar con eles pero deixándoos no mesmo estado nos que os encontraran.
Tamén lemos “Cigarra” e se nos propuxo elaborar unhas versións en forma de resposta a este libro a e “Maus” mediante o empleo de fotografías. O primeiro trátase dunha historia aparentemente sencilla pero con moitos detalles e varias interpretacións. A metamorfosis que leva a cabo a cigarra deixa aberta a imaxinación cara metáforas e moralexas que poderíamos sacar de ahí, pero non nos deixa algo definido. Neste libro o ser humano queda calcado como egoísta e un sen piedade. Mentre que a pobre cigarra, por ser diferente é tratada dunha maneira insignificante e aínda que os axudase non iba ter nada a cambio. Pódese comparar ao sucedido co bullying e para que os nenos e nenas non consintan este tipo de trato nunca. É un conto, unha historia, pero na realidade trátase dunha vida.
Ao final da clase comentamos un pouco sobre o libro “Maus” de Art Spiegelman, o cal non todos puideron ler debido ao escaso tempo concedido debido ás entregas de traballos e exames doutras asignaturas. Sen embargo, intenteino ler nos ratos libres e conseguín chegar ata a metade pero como quero saber como segue esta triste aínda que interesante historia de supervivencia dun xudeo e seguireino lendo en canto poda. Para conectar co que aprendimos nas outras clases podemos relacionalo coa narración oral xa que a historia é contaba desde un pai ao seu fillo para que este poida escribir sobre el. Por outra parte, resulta entretido debido ao seu formato en cómic. Esta historia representa o sufrimento e o medo pasado polos xudeos e deixa claro que non se pode confiar en ninguén, ata a persoas máis amigable é capaz de venderche para saír ileso. O que podemos comparar coa amistade, que son os que están nas boas e sobre todo nas malas. O egoísmo pode con nós e aínda que sexamos todos persoas, a relixión, a cor, a fala ou a nacionalidade entre outras “diferencias” pode arrebatarnos a bondade. Paréceme pésimo que haxa persoas que se crean máis que outras só por ter mellor sostén económico social ou familiar. Deberíamos eliminar as posibles diferencias entre nós e axudarnos mutuamente, aínda que para que suceda isto moitas cousas deben cambiar.
Resultado de imagen de cigarra libro  Resultado de imagen de maus libro 

Entrada nº13 (semana do 2 de Decembro)


Nesta semana levamos a cabo unha charla sobre os nosos historiais de literatura xuvenil. No meu caso comecei a interesarme pola lectura a partir de ler un de Laura Gallego en 2º de ESO como libro obligatorio. A min gústame ler pero para eso necesito ter tempo libre para coller un libro e desconectar por unhas horas, cousa que últimamente non puiden facer. Como dixen antes encántame o xénero fantástico dos libros de Gallego pero tamén probei o misterio da man de Kate Morton e próximamente quero adentrarme nas historias de Isabel Allende. Incluso algunhas veces me vía identificaba con algún/a personaxe do libro o que facía que non me despegase del. Houbo bastantes libros que me gustou ler dos escollidos no colexio pero o que non che facía desfrutar da lectura das súas páxinas era a presenza dun exame posterior para avaliar se o lestes ou non. Eu penso que non é necesario e que se podería cambiar por unha tertulia ou charla colectiva sobre libros, e incluso que se recomendasen libros que xa leran aos compañeiros/as. Desta maneira habería espazo para observar que comprenderan o que leran e a súa opinión acerca do libro ou do autor/a. 
Conectando coa teoría da semana anterior sobre a literatura xuvenil, non atraeu a literatura pertencente á baixa cultura, e isto é debido a que comecei a ler xénero fantástico polo que seguín tirando por ese camiño desviándome de cando en vez ao misterio ou á policíaca. Pero se tivera a oportunidade de ler algún da baixa cultura que me poida interesar non o dudaría.
Ademais, coñecemos a Brian Selznick autor do libro “La invención de Hugo Cabret” o cal tamén está producido en película que non tardarei en ver xunto co meu irmá. Este é un libro de acción e de grandes soños dedicado para todos os públicos. É como ter unha película nas mans xa que as ilustracións das súas páxinas asemellan os efectos producidos nos cines. Todo está calculado, nada é casual nas situacións desta incrible historia na que aparece fantasía, suspense, misterio e valentía. As emocións dos personaxes encontrámolas a flor de pel.
Resultado de imagen de la invencion de hugo cabret libro


Entrada nº12 (semana do 25 de Novembro)


Nestes días, unha das clases tivo lugar no salón de actos da universidade onde visualizamos a obra “Animais de compañía” interpretada polos/as integrantes de Farándula Velutina onde participou unha compañeira nosa de aula. Nela podíase observar a relación do mal tratamento dos animais (sobre todo das femias, aínda que hai de todo) coa violencia de xénero. É unha historia bastante dura pero que mostra a sociedade tal e como é hoxe en día, porque aínda que pensemos que estando no siglo XX a xente cambiou é mentira, seguimos igual que estabamos moitos anos atrás ou incluso peor. Visto isto, está nas nosas máns como futuros/as docentes ofrecer unha boa educación e chea de calidade aos fututos/as cidadáns que están por vir, porque nos nenos e nenas é onde vamos atopar esa esperanza e esa ilusión por un mundo mellor, só eles e elas nos poden cambiar a visión que temos do mundo e convertelo nun lugar feliz.
Na seguinte clase centrámonos na literatura xuvenil comezou entre o século XVIII e XIX ao se considerar a infancia e a adolescencia etapas de lecturas específicas. Entre estes dous cambian os temas e a forma do formato. Normalmente existe un mediador/a entre o libro e os receptores, o cal é o encargado de presentar, ler, escoller o libro… A desaparición deste mediador pon en crisis a lectura, polo tanto o/a docente sempre debe estar pendente para proporcionar un certo equilibrio, ao mesmo debe estar á moda e coñecer varios formatos que lles poidan interesar como música, poesía, cómic, novelas,... xa que é un erro considerar que a literatura só son os libros.
Existen dúas formas de levar a cabo a literatura, unha é a “vertical” = libro > mediador/a > lector/a, que se fai mediante recomendacións feitas polo mediador/a. Sen embargo a partir dos trece anos máis ou menos pasaríamos dunha forma vertical á unha “horizontal” que quere dicir que recomendacións de libros fanse entre os iguais, dependendo dos gustos de cada un/unha. Despois tamén temos o modo de lectura “fracial”, é dicir, a través de internet, das reses sociais, dos textos dixitais,... é un modo de lectura multumedia mediante diversos formatos electrónicos. Deberíamos levar unha orde á hora de tratar a literatura cos nenos/as, por exemplo comezar con lírica, seguir coa narrativa e chegar ao teatro. 
Podémola clasificar en dous grupos: alta cultura (onde incluímos literaturas nacionais, universais, xuvenís, álbums, cómics, cine, de xénero como series ou sagas) e baixa cultura (como terror, erótica, outras de xénero, tribus urbanas,...). Hai quen explica que a segunda non se pode considerar literatura debido a que trata uns temas moi diferentes á primera e que non consideran apropiados. Sen embargo necesitamos coñecer as dúas porque a maioría das persoas lectoras conseguiron chegar á alta cultura a partir de ler á baixa cultura. Non podemos prohibir se non que debemos dar optativas sen estereotipos e que ademais fagan pensar ao lector/a, e así crear ou fortalecer o pensamento crítico.

Entrada nº11 (semana do 18 de Novembro)


Esta semana coñecemos a María José Ferrada, unha autora de libros infantís e xuvenís de la cual destancan su poesía. Trata unha gran diversidade de temas e non infantiliza ningún aínda que sexan dirixidos para nenos/as. Nos seus libros aparecen temas pouco traballados cara nenos/as como pode ser a morte por exemplo “El idioma secreto”. Como futuros docentes e observando todo o que nos explicaron nestas clase creo que deberíamos tratalos dunha maneira adecuada e tamén ofrecer unha lectura acompañada de música suave conectada co tema que trataremos, é dicir, crear un ambiente/atmosfera para clase antes de comezar coa lectura. 
Ademais, acercámonos aos libros de artista que son unhas obras plásticas as cales nos proporcionan moitas posibilidades. Nelas a pintura aparece unida á poesía e a lectura preséntase de forma tridimensional.Esta clase de libro soe ser caro de conseguir xa que leva moita man de obra detrás. 
Por outra parte, fixemos un taller de poesía onde escollemos o poema “La semilla dorada” de Nilda Zamataro para elaborar por grupos unha simulación de libro de artista, presentando o poema en forma de caligrama e unido á debuxos.
Tamén tivemos a oportunidade de facer unha lectura - tertulia cos nenos e nenas de 2ºB do CEIP Ramón de la Sagra en A Coruña. Xunto cos meus compañeiros/as de grupo encargámonos de pensar una serie de preguntas seguindo o método “Dime” de Chambers (2007) con marxe para adaptar según fose posible sobre o libro que lles íbamos a ler: “Allumette” de Tomi Ungerer. Despois de ler o libro demos comezo a charla cos cativos/as tendo como guía as preguntas antes mencionadas e foron respondendo e mostrando as súas opinións sobre con que estaban de acordo e con que non, ou o que lles parecía. Sen embargo, tiñamos que recordarlles que falasen por turnos e moitas veces desviábanse do tema. Aínda así, nos non contábamos con que ían ter unhas respostas tan sinceras e interesantes, polo que acabáromnos sorprendendo para ben. (este é un resumo do traballo tutelado)
Resultado de imagen de el idioma secreto


Entrada nº10 (semana do 11 de Novembro)


Estes días dedicámonos a elaboración do mural no pasillo da planta 0 da universidade. Repartímonos en dous grupos, nun encargámonos de colocar as tarxetas contra a violencia de xénero que fixeramos o outro día e mentres o outro grupo colocou na outra metade da parede as versións (textos e ilustracións) feitas por nós sobre “A vendedora de mistos”. Na parte das tarxetas construimos unhas nudes con elas e elaboramos unha frase e un poema para acompañar, tamén colgamos tres botellas de plástico baleiras para que cada un/unha, ao pasar por alí, puxera unha boliña de papel se lle discriminaran algunha vez, se tivera medo ao volver a casa ou se a rechazaran por ser muller. Desta maneira sería máis interactivo e a xente podería deixar a súa resposta. Na outra metade da parede crearon unha especie de revisteiro onde a xente podía ler e ver as nosas versións de “La cerillera” e volvelas deixar no seu sitio para os demais.
Ademais, coñecemos a autora Babette Call bastante censurada xa que pretendía ensinar a realidade tal e como é de cara un público infantil e xuvenil. Ela trata temas tabús para a literatura infantil e que normalmente os pais están en contra de mostrarlla aos seus fillos/as. Polo tanto, intenta ridiculizar as preocupacións dos adultos e trata co humor a través das ilustracións as cales resultan simpáticas e divertidas de observar. Esta autora o que quere é informar aos nenos/as sobre temas tabús que aos pais lles custa explicar, como pode ser a menstruación, os cambios hormonais ou a reprodución entre moitos outros. Entre os libros que leemos de Babette foron tres: “Mamá puso un huevo”, “Pelos por todas partes” e “Estirar la pata”, onde todos mostran a forma tan simpática ainda que moi informativa de transmitir a realidade dos nosos corpos e polo que todos/as teremos que pasar.
Nesta semana tamén poidemos estar presentes no taller de literatura onde estivo Bea Campos e nos ensinou dunha maneira moi divertida como contar e ensinar os ditos por tradición oral mediante o “Libro da Memoria” ditos para enseñarllo na clase. Según esta autora é importante aplaudir para liberar e soltar os nervios xa que hai tempo para escoitar, falar e aplaudir. Ademais, os que son máis tímidos e prefiren non falar poden facer ruídos e tamén debemos avisar o que vai pasar, é dicir, contarlle o que teñen que facer e cómo vai suceder a escena. Os ditos non debemos cambialos por outros máis modernos, se non sumalos aos que xa temos adquiridos e quedar cos que che dixeron a ti, tamén podes completar os que xa sabes con algún dos que aprendeches. Como último apunte deixounos claro que a vergonza temos que deixala na casa xa que resulta moito máis simpático e atractivo de escoitar se te expresas libremente e cun toque de humor.
Resultado de imagen de mama puso un huevo Resultado de imagen de mama puso un huevo

Entrada nº9 (semana do 4 de Novembro)


Nesta semana tivemos a sorte de asistir a unha obra de teatro do grupo “Farádula Velutina”, grazas a que unha das nosas compañeiras de clase está nese grupo de teatro. Representáronnos entre ela e outras tres compañeiras do grupo unha historia do absurdo. Como ben nos dixeron elas ao acabar a obra, as artes son unha forma de expresión e serven en gran cantidade a mellorar o medo escénico ou a timidez. Se non existisen non podemos saber o que pasaría porque é as artes son a forma máis antiga de plasmar e transmitir toda clase de sentimentos, e aquí tamén se inclúe a literatura, porque como ben vimos este ano e máis o pasado na clase a literatura non só son os libros, que tamén pero nela inclúense: teatro, poesía, narración, películas, cine, pintura,... calquera forma de expresión artística pode ser literatura. Se non temos artes non habería sentimentos nin capacidade crítica, é dicir, acabaríamos por ser auténticos robots seguindo unhas pautas impostas pola sociedades.
Tamén observamos o traballo da autora Paula Carballeira, cuxos libros están orientados a un público infantil e xuvenil e escritos por ela pero ilustrados por outro autor/a. Desta maneira, móstrannos diferentes puntos de vista e resulta máis realista. Nalgúns está máis presente a ilustración e noutros o texto. Tamén encontramos similitudes entre os dous libros desta autora que vimos na clase. Un chámase “O principio” onde mostra o importante que é a familia unida e que os nenos/as son o cambio e o futuro porque grazas a eles volve a esperanza e o arte. Perdérono todo por culpa da guerra pero estaban agradecidos por estar todos xuntos. Ademais, podemos observar que está presenta a narrativa oral (mediante as recetas do ancián) sinal do que lle gusta facer a autora xa que tamén é contacontos, unha forma moi divertida de tratar a lectura. Ao final do libro observamos que un xogo ou unha risa pode facer cambiar actitude das persoas e que teñamos ese raíño de esperanza que nunca deberíamos perder, incluso os rapaces/as do pobo foron os que volveron a traer o arte e a imaxinación sacando a parte positiva do paso dunha guerra. O outro libro que lemos titúlase “Smara” e onde tamén está presente a narración oral debido a que a avoa Ugago lle conta a súa historia a o raparigo. Ademais, implica a importante das historias dos avós/as os cales teñen moitas experiencias vividas incribles para contar e deberíamolas saber escoitar.
Esta semana tamén asistimos a un taller de literatura onde Paula Carballeira nos explicou cómo trata a narración oral, é dicir, aprender a lanzar diversas imaxes cunha orde cronolóxica e que lles quede na mente do público e a recorden. Según esta autora a narración oral trátase dunha búsqueda onde debemos atopar unha historia que nos conmova e estruturala en introdución, desenvolvemento e cun desenlace/final ben feito (nas historias de medo debemos situar espazo e tempo cerca para que sexan capaces de visualizar a historia nun lugar preto a eles/as e que así produza sensación de inquietude, de medo). Ademais, temos que ter en conta tres conceptos importantes á hora de crear a historia e ao contala que son: a atmosfera (ambiente onde se conta a historia), a brevidade (que teña demasiada extensión) e a claridade (todos os detalles da historia deben ser claros e sinxelos para compredelos ao dereito). Na narrativa de calquera tipo interveñen os cinco sentidos porque evoca multitude de sentimentos no receptor. Por último, recordounos que na oral é moi importante as “tres veces”, é dicir, cando sucede algo importante na historia e queremos resaltalo debemos repetilo tres veces como forma de aviso ao público.
Resultado de imagen de paula carballeira


Entrada nº8 (semana do 28 de Outubro)


Nesta semana tratamos cuns libros moi diferentes aos que estabamos acostumados a ver, son materiais manipulativos xeniais para presentar aos nenos/as, deixarlles que interactúen con eles e incluso se atrevan a elaborar un por grupos, parellas ou individualmente mediante obxectos reciclables ou dos que atopen pola casa. Trátanse de historias que non seguen unha cronoloxía, algúns autores como Bruno Munari, Iela Mari e Kveta Pacovska, móstranas dunha forma moi orixinal nas que o importante é a ilustración ou os obxextos cos que están construídos eses libros de calidade artística impresionante. A estes autores/as gústalles dar unha volta aos libros e facelos únicos, polo tanto, non sabes o que pasará na seguinte páxina, o que o fai máis interesante aínda. O que diferencia a estes tres autores que nos mostran unha nova forma de crear literatura é que Munari se adentra nos sentimentos a través das capacidades sensoriais, mentres que Mari utiliza toda clase e tamaño de ilustracións eliminando as palabras dos seus libros, pero en cambio Pacovska prefire plasmar as historias mediante imaxes abstractas.
Penso que é unha forma moi divertida de facer que os nenos/as poidan palpar a lectura e experimentar con ela, o que lles proporciona unha gran liberdade para deixar renda solta a súa imaxinación para a creación destes simpáticos libros.
Ademais, esta semana levamos a cabo un taller de simulación de álbums ilustrativos mediante  a elaboración de tarxetas onde o tema era loitar contra a violencia de xénero. Fixémolo por grandes grupos onde cada un facía a súa tarxeta da forma e maneira que quería e ao final xuntámolas creando varios álbums ilustrados. Isto realizámolo mediante material reciclado como revistas e periódicos vellos e coa axuda de tesoiras, pegamentos, rotuladores, ceras de cores, etc.

Entrada nº7 (semana do 21 de Outubro)


Estos días falamos do autor Tomi Ungerer e de dous dos seus libros: “Allumette” e “Os tres bandidos”. Este autor mostra a través das súas obras a realidade tal e como é sen censurar nada. Tamén mostra a maldade dalgunhas persoas mediante os personaxes dos seus libros e fai que ao final da historia cambien as súas ideas e obren ben. Creou álbums ilustrados tanto para nenos/as coma para o resto das xeneracións, e neles destaca sobre todo a crítica social e política desde diferentes puntos de vista. Nos dous libros antes citados podemos destacar que ambos comezan cun principio triste e acaban cun final feliz, e tamén en ambos onde os personaxes con maldade no seu interior acabaron por cambiar os seus pensamentos e accións.
Eu penso que debería haber libros que propuxeran tanto finais felices coma finais tristes xa que non todos os días nos apetece rir, desa maneira un libro con final triste axudaríanos a sacar esa tristeza acumulada, o mesmo pasa coas películas, a veces escollemos unha de comedia para pasar un cachiño agradable pero outra veces preferimos coller unha caixa de clinex e poñernos a ver unha triste. Creo que non debemos chegar a unha utopía (extremo) debido a que necesitamos un término medio, debemos ter unha certa esperanza sempre porque como se soe dicir: “a esperanza é o último que se perde” e na miña opinión é totalmente certo, ese raíño de esperanza ou de fe é o que moitas veces nos axuda a seguir cara diante a por algo mellor.
 
“Allumette” é unha versión feita a partir de “A vendedora de mistos” de Hans Christian Andersen onde unha nena que vendía mistos non quixo a casa por non conseguir vender ningún, entón gastounos para quentarse un pouquiño e cando estaba a piques de pechar os ollos apareceulle a súa avoa que xa estaba no ceo e levouna con ela, é dicir morreu. A partir desta historia, buscamos unha maneira de reavivala seguindo outras variantes como: historias similares; ilustración; noticias con finais parecidos; creación de textos, poemas, cancións ou contos inventados;... 
A miña aportación foi unhas viñetas ilustradas con pincel e acrílicos sobre a historia:


Entrada nº5 (semana do 7 de Outubro)


Esta semana dedicámola ao autor Arnold Lobel o cal quixo ofrecer literatura de calidade en varios formatos para os primeiros lectores. Nos seus libros aparecen animais humanizados que se enfrentan a situacións de temas dedicados aos adultos. Aínda que traballa con diversos temas adultos utiliza personaxes infantís para levalo ao terreo dos nenos e nenas. Este autor xoga moito co humor  e as ilustracións son tranquilas, cotiáns e hogareñas, é dicir, sabe entender e representar a través de contos o pensamento dos cativos e cativas. 
Aínda que encontramos algún tipo de conexión entre Lobel e Sendak como as diferentes interpretacións que se lles poden dar as súas historias, tamén encontramos grandes diferencias, sobre todo nas ilustracións xa que Sendak traballa con álbums ilustrados donde a ilustración ocupa toda páxina, mentres que Lobel só utiliza unha carilla e utiliza un tono de verde especial que o identifica como autor do libro, e ademais, os protagonistas de cada un enfréntanse a situacións, circunstancias e sentimentos moi diferentes.
“Búho en casa” é un libro moi adecuado para despertar sentimentos ocultos e poder expresalos, xa que os que nos ensina este libro é que non debemos gardar a tristeza dentro de nós, é ben sacala fóra de vez en cando. Tamén nos conta outras historias moi bonitas sobre a amistade e onde sempre aparecen importantes valores que todos e todas deberíamos ter. E noutras aparecen situacións polas que case todos pasamos, xa sexa de máis pequenos ou de máis grandes, e que Lobel a utiliza para para o toque de humor debido a que nos recorda a esa época.
“Sapo y sepo inseparables” trátase dun libros onde a amistade se valora dunha forma moi importante e onde non hai lugar para o egoísmo. Ao largo das diferentes historias Sapo e Sepo axúdanse mutuamente nas situacións complicadas que se lles presentan e supéranas grazas a que teñen ese apoio do compañeiro. Son historias moi bonitas que nos farán recordar sentimentos como a valentía, a paciencia e a capacidade de autodeterminación. 
Na miña opinión, os libros deste autor son moi recomendados tanto para pequenos como para maiores debido a que trata diversos temas pasados polo humor, polo cal é fácil coller o libro e non soltalo. Este autor intenta, ao mesmo que Sendak, levar os temas adultos ao terreo dos cativos/as mediante os personaxes, a escena e o punto de diversión. Resultan historias moi entretidas e cun alto valor de identificación, é dicir, é moi fácil poñerse na pel do/a personaxe.

 

Entrada nº4 (semana do 30 de Septembro)


Nestes días tratamos a Maurice Sendak mediante dous dos seus libros presentados na clase: “Onde viven os monstruos” e “Máis alá da fiestra”. Este autor considera moi importantes os álbums ilustrados debido a que son proba de calidade onde representar todo tipo de sentimentos e sen finalidade didáctica. El céntrase en ilustrar unha infancia rebelde e as relacións que existen entre os cativos e cativas de maneira que eles/as se poidan identificar. Debido á representación de sentimentos como odio, ira, peligro ou prohibición foi censurado varias veces. El non escribe para nenos/as sen embargo os demais clasifícanos como infantís e polo tanto non apropiados polos temas que trata. Sendak establece unha relación moi importante coa que relaciona texto e ilustración e resulta a mellor forma de contar e imaxinar unha historia. De Sendak destacamos o ambivalente e a loita contra o medo dos pais a presentar libros de temas diversos e actuais para nenos/as.
En “Onde viven os monstruos” o autor móstranos que a ilustración sí importa e que non ten por que ser de inferior calidade debido a que está dirixido á literatura infantil, se non que debe ser de igual calidade que a que dirixen aos adultos xa que os nenos e nenas tamén teñen capacidade crítica e demóstrano. Neste libro destacan sentimentos como o enfado, soidade e liderazgo entre outros. Tamén se poden diferenciar as partes da historia fixándonos na ilustración debido a que esta pode ocupar toda a páxina, metade ou só unha parte, desta maneira pode similar ao movemento e así xoga coa ilustración pola cal se pode seguir a historia incluso sen ler o texto. 
“Máis alá da fiestra” é outro dos seus libros ilustrados a través do cal podemos ver como Sendak se revela e ofrece a historia do secuestro dun bebé e de cómo a súa irmá o rescata. Nel trata a soidade, a fantasía e non aparece a protección dos pais, se non que representa a superheroicidade e a valentía da protagonista, a cal destaca pola súa capa amarela sobre o resto de cores apagadas. Certas imaxes como as caras das persoas deste libro resultan algo inquietantes pola forma en que están debuxadas pero haberá a outras persoas que sí lles gusten. E como o libro anterior as ilustracións que ocupan toda a páxina están cheas de detalles e cada vez que o volvamos ler encontraremos algún novo que se nos escapase. 
Na miña opinión, os libros deste autor son importantes acercalos aos rapaces e rapazas de primaria, aínda que son adecuados para todos os públicos, debido a que se poden sacar moitos temas de conversación a partir deles e incluso poñelos a pensar sobre un fío conductor entre os libros que lean deste autor. 

Entrada nº3 (semana do 23 de Septembro)


Destas clases o que destacamos é a importancia de presentar toda clase de sentimentos e emocións ao nenos e nenas, por exemplo: alegría, amor, amistade, tristeza, morte, decepción, solidariedade,... E isto pódese presentar mediante os libros, como os que se presentarán nas seguintes clases.
Na miña opinión, paréceme unha parte moi importante e bastante “prohibida” por parte de moitos pais/nais e docentes o de non mostrarlle libros aos nenos/as con temas como a morte, a violencia ou a sexualidade. Son temas actuais que están sucedendo na realidade e que se non lles mostramos como son as cousas en verdad, os rapaces e rapazas que serán os futuros/as cidadáns non terán os coñecementos ben adquiridos e de ahí pode que pasen a ser os malos/as da película porque non aprenderon correctamente. Estou de acordo en que non todos os libros que tratan estes temas serven pero existe unha gran variedade que sí, xa que os ensinan a través dunha historia coa que eles e elas se poidan identificar e aprender.

jueves, 26 de diciembre de 2019

Entrada nº2 (semana do 16 de Septembro)


Nesta semana dedicámonos a ler e comentar a historia de “Babar”, unha historia creada por Jean De Brunhoff a partir dos contos que a súa muller Cecile lles contaba aos fillos. El decidiu poñerlle imaxes a esas historias e crear un álbum ilustrado que foi publicado, adaptado a un formato televisivo e posteriormente producida unha película. Esta historia trata dun elefante que escapa á cidade debido a que un cazador estaba en la selva e matou a súa nai. Unha vez na cidade, el adquire novos coñecementos coa axuda dunha anciá adiñeirada e volve posteriormente volve a selva onde o coroan rei, xa que observan que Babar é o apropiado. 
O álbum ilustrado lévanos a unha educación visual, utiliza por primeira vez a doble páxina e ao mesmo tempo axuda a relentizar a lectura. En canto ao analizado na clase, podemos destacar a continua sucesión das cores verde, vermello e gris ao largo de todo o libro ilustrado; a elegancia presente na existencia de roupa; o aprender normas como andar pola beirarrúa. A imaxe acompaña ao texto e permite seguir a historia a través da ilustración. Algunhas delas presentan moito detalle e encóntranse ocupando toda a páxina e incluso a seguinte, onde se pode identificar a época na que se encontra a historia, a roupa que se usaba nese entonces ou as cousas que se inventaron ou fixeron daquela. A existencia de liñas rectas permite que se diferencie a cidade ordenada da selva desordenada, os animais que se presentan están humanizados o que nos di que adquiren unha certa educación ao estar na cidade e polo tanto é cando aparecen con roupa. Algunhas imaxes cambianse de lugar para perfeccionar a historia e  cada vez Babar perfílase máis. Ademais, este autor utiliza unha forma moi curiosa de representar o pasado e o futuro a través das ilustracións, é dicir, os personaxes e a escena comeza dende a páxina situada á esquerda e avanza cara á dereita.  



Entrada nº1 (semana do 9 de Septembro)


Hoxe, na primeira clase, centralizamos unhas certas características nas que prestar atención á hora de fixarse na escolla dos libros. Por exemplo: o tipo e tamaño de letra, o formato no que está presentado, o tema sobre o que trata e a existencia de ilustración xa que é moi importante que esté unida ao texto, que imaxe e texto teñan unha relación e non estean separados ou sexan repetitivos. Tamén inflúe a forma exterior do libro, é dicir, se ten tapa dura (por exemplo a editorial Calandraka) ou blanda (como a editorial Santillana) debido a que a segunda é máis económica que a primeira. Sobre isto, como se soe dicir para gustos cores, xa que haberá xente que queiran libros de tapa dura pola súa estética ou para situalos dereitos e que non se  doblen ou dos que prefiran os de tapa blanda para que lles sexan máis manexables e os poidan levar a calquera lugar.
Ademais, antes do costo da edición e tinte o prezo dos libros era moi alto polo que os ricos eran os que tiñan os recursos económicos necesarios para a súa compra, mentres que os que non se os podían permitir tampouco tiñan outra forma de conseguilos xa que daquela aínda non existía internet, pdf e descargas de e-books coma na actualidade.
Unha observación importante é que os libros non deben ter unha finalidade determinada, como a aprendizaxe do abecedario, dos números ou de animais; se non que cada un/unha colla un libro e o lean por diversión ou interés propio e descubran a finalidade por eles/as mesmos/as sen estar definida de antemán.

Benvidos/as!!


Estou estudando Educación Primaria e querovos mostrar todo o que estamos aprendendo sobre cómo ensinar literatura en xeral mediante este blog-diario sobre a clase de Literatura infantil e xuvenil. Aquí encontraredes diferentes formas de achegar a libros aos máis pequenos/as, aínda que os libros cos que trataremos son para todos os públicos. Coñeceremos a moitos autores e autoras capaces de transmitir a través dunhas simples páxinas unha gran diversidade de sentimentos e temas necesarios para todos/as.