Nesta semana tratamos cuns libros moi diferentes aos que estabamos acostumados a ver, son materiais manipulativos xeniais para presentar aos nenos/as, deixarlles que interactúen con eles e incluso se atrevan a elaborar un por grupos, parellas ou individualmente mediante obxectos reciclables ou dos que atopen pola casa. Trátanse de historias que non seguen unha cronoloxía, algúns autores como Bruno Munari, Iela Mari e Kveta Pacovska, móstranas dunha forma moi orixinal nas que o importante é a ilustración ou os obxextos cos que están construídos eses libros de calidade artística impresionante. A estes autores/as gústalles dar unha volta aos libros e facelos únicos, polo tanto, non sabes o que pasará na seguinte páxina, o que o fai máis interesante aínda. O que diferencia a estes tres autores que nos mostran unha nova forma de crear literatura é que Munari se adentra nos sentimentos a través das capacidades sensoriais, mentres que Mari utiliza toda clase e tamaño de ilustracións eliminando as palabras dos seus libros, pero en cambio Pacovska prefire plasmar as historias mediante imaxes abstractas.
Penso que é unha forma moi divertida de facer que os nenos/as poidan palpar a lectura e experimentar con ela, o que lles proporciona unha gran liberdade para deixar renda solta a súa imaxinación para a creación destes simpáticos libros.
Ademais, esta semana levamos a cabo un taller de simulación de álbums ilustrativos mediante a elaboración de tarxetas onde o tema era loitar contra a violencia de xénero. Fixémolo por grandes grupos onde cada un facía a súa tarxeta da forma e maneira que quería e ao final xuntámolas creando varios álbums ilustrados. Isto realizámolo mediante material reciclado como revistas e periódicos vellos e coa axuda de tesoiras, pegamentos, rotuladores, ceras de cores, etc.

No hay comentarios:
Publicar un comentario