Hoxe, na primeira clase, centralizamos unhas certas características nas que prestar atención á hora de fixarse na escolla dos libros. Por exemplo: o tipo e tamaño de letra, o formato no que está presentado, o tema sobre o que trata e a existencia de ilustración xa que é moi importante que esté unida ao texto, que imaxe e texto teñan unha relación e non estean separados ou sexan repetitivos. Tamén inflúe a forma exterior do libro, é dicir, se ten tapa dura (por exemplo a editorial Calandraka) ou blanda (como a editorial Santillana) debido a que a segunda é máis económica que a primeira. Sobre isto, como se soe dicir para gustos cores, xa que haberá xente que queiran libros de tapa dura pola súa estética ou para situalos dereitos e que non se doblen ou dos que prefiran os de tapa blanda para que lles sexan máis manexables e os poidan levar a calquera lugar.
Ademais, antes do costo da edición e tinte o prezo dos libros era moi alto polo que os ricos eran os que tiñan os recursos económicos necesarios para a súa compra, mentres que os que non se os podían permitir tampouco tiñan outra forma de conseguilos xa que daquela aínda non existía internet, pdf e descargas de e-books coma na actualidade.
Unha observación importante é que os libros non deben ter unha finalidade determinada, como a aprendizaxe do abecedario, dos números ou de animais; se non que cada un/unha colla un libro e o lean por diversión ou interés propio e descubran a finalidade por eles/as mesmos/as sen estar definida de antemán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario