Nestes días tratamos a Maurice Sendak mediante dous dos seus libros presentados na clase: “Onde viven os monstruos” e “Máis alá da fiestra”. Este autor considera moi importantes os álbums ilustrados debido a que son proba de calidade onde representar todo tipo de sentimentos e sen finalidade didáctica. El céntrase en ilustrar unha infancia rebelde e as relacións que existen entre os cativos e cativas de maneira que eles/as se poidan identificar. Debido á representación de sentimentos como odio, ira, peligro ou prohibición foi censurado varias veces. El non escribe para nenos/as sen embargo os demais clasifícanos como infantís e polo tanto non apropiados polos temas que trata. Sendak establece unha relación moi importante coa que relaciona texto e ilustración e resulta a mellor forma de contar e imaxinar unha historia. De Sendak destacamos o ambivalente e a loita contra o medo dos pais a presentar libros de temas diversos e actuais para nenos/as.
En “Onde viven os monstruos” o autor móstranos que a ilustración sí importa e que non ten por que ser de inferior calidade debido a que está dirixido á literatura infantil, se non que debe ser de igual calidade que a que dirixen aos adultos xa que os nenos e nenas tamén teñen capacidade crítica e demóstrano. Neste libro destacan sentimentos como o enfado, soidade e liderazgo entre outros. Tamén se poden diferenciar as partes da historia fixándonos na ilustración debido a que esta pode ocupar toda a páxina, metade ou só unha parte, desta maneira pode similar ao movemento e así xoga coa ilustración pola cal se pode seguir a historia incluso sen ler o texto.
“Máis alá da fiestra” é outro dos seus libros ilustrados a través do cal podemos ver como Sendak se revela e ofrece a historia do secuestro dun bebé e de cómo a súa irmá o rescata. Nel trata a soidade, a fantasía e non aparece a protección dos pais, se non que representa a superheroicidade e a valentía da protagonista, a cal destaca pola súa capa amarela sobre o resto de cores apagadas. Certas imaxes como as caras das persoas deste libro resultan algo inquietantes pola forma en que están debuxadas pero haberá a outras persoas que sí lles gusten. E como o libro anterior as ilustracións que ocupan toda a páxina están cheas de detalles e cada vez que o volvamos ler encontraremos algún novo que se nos escapase.
Na miña opinión, os libros deste autor son importantes acercalos aos rapaces e rapazas de primaria, aínda que son adecuados para todos os públicos, debido a que se poden sacar moitos temas de conversación a partir deles e incluso poñelos a pensar sobre un fío conductor entre os libros que lean deste autor.


No hay comentarios:
Publicar un comentario